Que é un xestor de residuos?
A persoa ou entidade, pública ou privada, rexistrada mediante autorización ou comunicación que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o produtor dos mesmos (segundo a Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular)
Por que debo contratar un xestor de residuos?
A Lei Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular define que o produtor ou outro posuidor inicial de residuos, con obxecto de asegurar o tratamento adecuado dos seus residuos, está obrigado a:
a) Realizar o tratamento dos residuos por el mesmo.
b) Encargar o tratamento dos seus residuos a un negociante, ou a unha entidade ou empresa, todos eles rexistrados conforme ao establecido esta Lei.
c) Entregar os residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos, incluídas as entidades de economía social, para o seu tratamento.
Como podo saber se os meus residuos son considerados como perigosos?
Considéranse residuos perigosos aqueles que figuren na lista europea de residuos, publicada na Lei 7/2022, de 8 de abril, así como os recipientes e envases que os contiveran.
Recollida de Mobles e Enseres
Recóllense todas as semanas, na noite dos martes aos mércores. Débense deixar ao lado dos colectores do lixo a partir das 19h dos martes.
Contedores de roupa
Avenida S. Martiño de Porto 17. Nos exteriores do Centro de Saúde
Avenida de Laraxe 72. Nos exteriores da Residencia de Maiores
Contenedores de Pilas
Camiño do Barreiro 14.No CEIP Eladia Mariño
Rúa do Concello 22. Na Casa do Concello
Avenida S. Martiño de Porto 17. No Centro de Saúde
Contenedores de Aceite
Avenida San Martiño, 50. Fronte ao bar “Casa Campos”
Avenida de Laraxe, 72. Nos exteriores da Residencia de Maiores
Travesía Campo do Oito, 6. Nas inmediacións de KDM
Lavandeira, 15. Nas inmediacións de Casa Feal
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies